luns, 30 de xuño de 2014

Presentación de Proxectos de Emprendemento

O pasado 27 de xuño celebrouse na sede da Fundación Juana de Vega a xornada final do Itinerario "Aprender a Emprender", enmarcado no Programa Integrado "Rural Emprende".
Os alumnos participantes tiveron a ocasión de presentar os proxectos traballados ao longo do programa, dende a súa idea orixinaria ata o plan de empresa previsto.



Dende o equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos queremos expresar o noso agradecemento pola vosa participación así como darvos a máis sinceira noraboa polos magníficos traballos presentados. Agardamos velos en breve xa postos en marcha.



martes, 3 de xuño de 2014

Xornada "Etiquetado e envasado dos produtos agroalimentarios"

O vindeiro luns día 9 de xuño terá lugar na Casa do Concello de Paderne a xornada "Etiquetado e Envasado dos produtos agroalimentarios".

As temáticas propostas a presentación serán as seguintes:

ETIQUETADO E COMPETITIVIDADE

Que se pode ou non se pode incluír no etiquetado e que é o que me interesa máis potenciar ao respecto

ESTRATEXIAS DE MARKETING PARA AS PEMES AGROALIMENTARIAS

  • Deseño de logotipos y de imaxe corporativa.
  • A imaxe corporativa trasladada ao envase.
  • Actuacións para incrementar o valor engadido do produto, a súa competitividade e a súa capacidade de penetración no mercado a través do deseño e o marketing.
  • Influenza dos selos de calidade no éxito comercial dos produtos agroalimentarios.
  • Packaging.


TENDENCIAS DE ENVASADO NO MERCADO E A SÚA SOSTENIBILIDADE

  • Tendencias de mercado na tipoloxía de envases para produtos agroalimentarios (formas, deseño, capacidades, materiais,…).
  • Sostenibilidade e pegada ambiental dos envases e posibles alternativas ou materiais de menor impacto medioambiental.


INCIDENCIA AMBIENTAL NA PEQUENA AGROINDUSTRIA

  • Afeccións ambientais
  • Requisitos en materia de incidencia ambiental para a implantación de industrias agroalimentarias.

O aforo é limitado, de maneira que cómpre inscribirse previamente.

Nas seguintes imaxes atoparedes o programa e o contacto para inscribirse.




venres, 16 de maio de 2014

Talleres de prevención de riscos laborais viticultura


Na primeira quincena do mes de xuño se van a desenvolver unha serie de talleres de prevención de riscos para o sector vitícola promovidos pola Consellería de Traballo e o ISSGA.

A inscrición é gratuíta e se obterá a correspondente acreditación.

Xuntamos resolución e modelo de inscrición: DESCARGAR

Información: 652 99 30 32 
Inscricións: no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es ou correo eira@eira-tec.com


·         09/06/2014
o   Lugar: CFEA Guísamo (Bergondo)
o   Horario: 10 a 14 h.
o   Último día para anotarse: 03/06/2014
o   Prazas: 15-20

·         13/06/2014
o   Lugar: CASA BEADE (Paderne)
o   Horario: 10 a 14 h.
o   Último día para anotarse: 06/06/2014
o   Prazas: 15-20

·         16/06/2014
o   Lugar: BODEGAS RILO (Bergondo)
o   Horario: 10 a 14 h.
o   Último día para anotarse: 09/06/2014
o   Prazas: 15-20

mércores, 14 de maio de 2014

II Xornada Emprendemento Verde

O luns 19 de maio terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo a II Xornada de "Emprendemento Verde" na Reserva de Biosfera.

Neste caso avaliaranse dúas producións de interesante potencialidade como son o arando e a castaña. Ademais, trataranse de abrir novas vías comerciais e de asociación por medio do traballo conxunto que ofrecen as cooperativas.

No marco da xornada terá lugar o acto de clausura do Programa Integrado para o Emprego RURAL-EMPRENDE, efectuándose a entrega dos diplomas acreditativos, dos carnés de manipulador de alimentos e dun pendrive coa documentación formativa empregada.

Para consultar o programa premer nas seguintes imaxes:


martes, 29 de abril de 2014

Xornada "O CULTIVO DE LÚPULO E MAZÁ"

O martes 6 de maio terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo a xornada "Emprendemento Verde" na Reserva de Biosfera O CULTIVO DE LÚPULO E MAZÁ.

Para consultar o programa premer nas seguintes imaxes:


luns, 31 de marzo de 2014

Visita Formativa HORTA ECOLÓXICA


Para o luns 7 de abril está programada unha visita dentro do Programa Integrado centrada na Horta Ecolóxica.

Durante a xornada terase ocasión de visitar unha explotación de produción/envasado no concello de Curtis así como dúas explotacións no norte da provincia de Lugo.

Programa
  • 8:45 h. - Saída dende A Coruña (Centro Comercial Catro Camiños / Corte Inglés)
  • 9:15 h.- Parada en San Pedro de Nós (Finca A Carballeira / Fundación Juana de Vega)
  • Visita 1
  • Comida (debedes levar bocata)
  • Visita 2
  • Visita 3
  • 20:00 h (estimación).- Parada en San Pedro de Nós (Finca A Carballeira / Fundación Juana de Vega)
  • 20:30 h (estimación).- Parada en A Coruña (Centro Comercial Catro Camiños / Corte Inglés)

Os que non estedes apuntados debedes facelo canto antes. É requisito imprescindible formalizar a inscrición con data límite o xoves 3 de abril.

mércores, 12 de marzo de 2014

Inicio da xeira de Seminarios

Este xoves día 13, ás 11:00 h dará comezo no Salón de Actos da Fundación Juana de Vega a xeira de seminarios programados.



Nesta primeira xornada, D. Eduardo Guillén Solórzano,  Doctor en Organización de Empresas pola Universidade da Coruña, nos falará da creación de grupos de traballo e de cooperación para potenciar as nosas habilidades emprendedoras.

Na pestaña de "Cronogramas" podedes consultar as datas programadas para os restantes seminarios.

xoves, 6 de marzo de 2014

A Xornada "Oportunidades dos produtos locais" en IMAXES



O Director Xeral do IGAPE pecha a primeira fase de seminarios de RURAL-EMPRENDE

O pasado venres 28 de febreiro finalizou o primeiro ciclo de xeiras enmarcadas no Itinerario III "Aprender a Emprender" do Programa Rural Emprende.

Nestas cinco xornadas de traballo persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) propocionou aos asistentes información e apoio ao emprendemento en facetas como os modelos de negocio, iniciativa emprendedora, necesidades financeiras ou exposición de diversos casos de emprendemento exitoso.

Na xornada de peche contouse coa asistencia do Director Xeral do Igape, Javier Aguilera, así como de Guillermo Viña, Xerente de IGAPE Nova, que tiveron ocasión de departir con José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación Mariñas-Betanzos.



Por outra parte, os asistentes puideron coñecer de primeira man as experiencias de dous casos de emprendemento; 

  • "O Lugar de Vilariño". Explotación ecolóxica dedicada á produción hortícola e elaboración de queixos, representada por Víctor Sánchez.
  • "Mundocio". Empresa dedicada á xestión integral de eventos, representada por Alejandro Fontán.


O xoves 13 de marzo iniciarase a segunda parte das xornadas formativas a desenvolver na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Xornada Oportunidades dos produtos locais

Xuntamos o programa definitivo da xornada prevista para o vindeiro mércores 26 de febreiro no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.


Agardámosvos!!!


martes, 11 de febreiro de 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014

Xornada "OPORTUNIDADES DOS PRODUTOS LOCAIS PARA O EMPRENDEMENTO NO SECTOR AGRARIO"



O mércores 26 de febreiro está programada unha Xornada dirixida a todos os participantes no Programa Integrado RURAL-EMPRENDE nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Por este motivo ese día non haberá a formación habitual para os Itinerarios I (Horta Ecolóxica) e II (Agroindustria e Transformados), quedando emprazados ámbolos grupos para asistir ao citado evento.

OBXECTIVOS DA XORNADA
  • Fomentar o emprendemento no sector agroalimentario e a potenciación dos produtos locais. Constituir un foro no que se xunten produtores, emprendedores e alumnos do Programa Integrado de Emprego. 
  • A través de distintas mesas redondas, relatar a experiencia de diversos emprendedores do sector agroalimentario, os seus retos, os problemas que lles xurdiron ao longo do seu camiño profesional e a súa visión de futuro. 
  • Dar a coñecer o programa de axudas LEADER. 
  • Difundir a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. 
  • Realización da “Ruta das Adegas do Viño da Terra de Betanzos” e dar a coñecela.
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
  • Salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). INGACAL - Consellería do Medio Rural e do Mar. (Km 7, Estrada AC-542, Betanzos a Mesón do Vento, 15318 Mabegondo-Abegondo)
  • Inicio da xornada; 9:00 h.

PROGRAMA:


luns, 3 de febreiro de 2014

Inicio do Itinerario III - Aprender a Emprender

Persoal do IGAPE e o Vicepresidente da Asociación Mariñas-Betanzos foron os encargados de abrir as actividades enmarcadas no Itinerario "Aprender a Emprender".


mércores, 29 de xaneiro de 2014

Inicio do Itinerario III - Aprender a Emprender

As clases presenciais do ITINERARIO III - APRENDER A EMPRENDER comezarán o xoves, día 30 de xaneiro ás 9:30 h na aula "O Naranxo", en Abegondo.

O inicio da formación correrá a cargo dun equipo técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Na pestaña "contacto/como chegar" tendes información para a localización do emprazamento das clases.  


Agardámosvos!!!.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Inicio da Formación - Horta Ecolóxica

Hoxe luns iniciouse a formación do Itinerario I sobre horticultura ecolóxica nas instalacións do concello de Oleiros da Finca A Carballeira, en San Pedro de Nós.

Na presentación participaron os docentes encargados da formación teórica e práctica.



Ademais, no discorrer da xornada desprazáronse ata o lugar o alcalde de Oleiros D. Ángel García Seoane así como os concelleiros de promoción económica e de urbanismo Dna. Teresa Vázquez Maseda e D. Rodrigo López Piquín, que tiveron ocasión de saudar aos participantes no programa e dirixirlles unhas alentadoras palabras de cara á súa potencial incorporación á actividade profesional da Horta Ecolóxica.


mércores, 15 de xaneiro de 2014

Inicio da Formación - Agroindustria e Transformados

Onte iniciáronse as actuacións correspondentes ao Itinerario II (Agroindustria e Transformados) nas instalacións do CFEA de Guísamo.
Na presentación participaron os docentes encargados da formación así como unha representación técnica da Asociación Mariñas-Betanzos.


Durante a xornada levouse a cabo unha presentación dos principais contidos a impartir. Os participantes tamén tiveron ocasión de coñecer as instalacións nas que discorrerán as actividades.

mércores, 8 de xaneiro de 2014

martes, 7 de xaneiro de 2014

Inicio do Itinerario II - AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS

As clases presencias do ITINERARIO II - AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS comezarán o martes, día 14 de xaneiro ás 16:30 h no CFEA de Guísamo.


A formación terá un horario comprendido entre as 16:30 h e as 20:30 h, fundamentalmente os martes e mércores. Por mor das distintas actividades propias do CFEA de Guísamo, con probabilidade haberá algún cambio de día ao longo do programa que vos será convenientemente comunicado.

Na pestaña "contacto/como chegar" tendes información para a localización do emprazamento das clases.

Agardámosvos!!!.

Inicio do Itinerario I - HORTA ECOLÓXICA

As clases presencias do ITINERARIO I - HORTA ECOLÓXICA comezarán o luns, día 20 de xaneiro ás 9:00 h na Finca A Carballeira (San Pedro de Nós - Oleiros).


Na pestaña "contacto/como chegar" tendes información para a localización do emprazamento das clases. 

Agardámosvos!!!.