luns, 31 de marzo de 2014

Visita Formativa HORTA ECOLÓXICA


Para o luns 7 de abril está programada unha visita dentro do Programa Integrado centrada na Horta Ecolóxica.

Durante a xornada terase ocasión de visitar unha explotación de produción/envasado no concello de Curtis así como dúas explotacións no norte da provincia de Lugo.

Programa
  • 8:45 h. - Saída dende A Coruña (Centro Comercial Catro Camiños / Corte Inglés)
  • 9:15 h.- Parada en San Pedro de Nós (Finca A Carballeira / Fundación Juana de Vega)
  • Visita 1
  • Comida (debedes levar bocata)
  • Visita 2
  • Visita 3
  • 20:00 h (estimación).- Parada en San Pedro de Nós (Finca A Carballeira / Fundación Juana de Vega)
  • 20:30 h (estimación).- Parada en A Coruña (Centro Comercial Catro Camiños / Corte Inglés)

Os que non estedes apuntados debedes facelo canto antes. É requisito imprescindible formalizar a inscrición con data límite o xoves 3 de abril.

mércores, 12 de marzo de 2014

Inicio da xeira de Seminarios

Este xoves día 13, ás 11:00 h dará comezo no Salón de Actos da Fundación Juana de Vega a xeira de seminarios programados.



Nesta primeira xornada, D. Eduardo Guillén Solórzano,  Doctor en Organización de Empresas pola Universidade da Coruña, nos falará da creación de grupos de traballo e de cooperación para potenciar as nosas habilidades emprendedoras.

Na pestaña de "Cronogramas" podedes consultar as datas programadas para os restantes seminarios.

xoves, 6 de marzo de 2014

A Xornada "Oportunidades dos produtos locais" en IMAXES



O Director Xeral do IGAPE pecha a primeira fase de seminarios de RURAL-EMPRENDE

O pasado venres 28 de febreiro finalizou o primeiro ciclo de xeiras enmarcadas no Itinerario III "Aprender a Emprender" do Programa Rural Emprende.

Nestas cinco xornadas de traballo persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) propocionou aos asistentes información e apoio ao emprendemento en facetas como os modelos de negocio, iniciativa emprendedora, necesidades financeiras ou exposición de diversos casos de emprendemento exitoso.

Na xornada de peche contouse coa asistencia do Director Xeral do Igape, Javier Aguilera, así como de Guillermo Viña, Xerente de IGAPE Nova, que tiveron ocasión de departir con José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación Mariñas-Betanzos.



Por outra parte, os asistentes puideron coñecer de primeira man as experiencias de dous casos de emprendemento; 

  • "O Lugar de Vilariño". Explotación ecolóxica dedicada á produción hortícola e elaboración de queixos, representada por Víctor Sánchez.
  • "Mundocio". Empresa dedicada á xestión integral de eventos, representada por Alejandro Fontán.


O xoves 13 de marzo iniciarase a segunda parte das xornadas formativas a desenvolver na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós.