luns, 30 de xuño de 2014

Presentación de Proxectos de Emprendemento

O pasado 27 de xuño celebrouse na sede da Fundación Juana de Vega a xornada final do Itinerario "Aprender a Emprender", enmarcado no Programa Integrado "Rural Emprende".
Os alumnos participantes tiveron a ocasión de presentar os proxectos traballados ao longo do programa, dende a súa idea orixinaria ata o plan de empresa previsto.



Dende o equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos queremos expresar o noso agradecemento pola vosa participación así como darvos a máis sinceira noraboa polos magníficos traballos presentados. Agardamos velos en breve xa postos en marcha.



martes, 3 de xuño de 2014

Xornada "Etiquetado e envasado dos produtos agroalimentarios"

O vindeiro luns día 9 de xuño terá lugar na Casa do Concello de Paderne a xornada "Etiquetado e Envasado dos produtos agroalimentarios".

As temáticas propostas a presentación serán as seguintes:

ETIQUETADO E COMPETITIVIDADE

Que se pode ou non se pode incluír no etiquetado e que é o que me interesa máis potenciar ao respecto

ESTRATEXIAS DE MARKETING PARA AS PEMES AGROALIMENTARIAS

  • Deseño de logotipos y de imaxe corporativa.
  • A imaxe corporativa trasladada ao envase.
  • Actuacións para incrementar o valor engadido do produto, a súa competitividade e a súa capacidade de penetración no mercado a través do deseño e o marketing.
  • Influenza dos selos de calidade no éxito comercial dos produtos agroalimentarios.
  • Packaging.


TENDENCIAS DE ENVASADO NO MERCADO E A SÚA SOSTENIBILIDADE

  • Tendencias de mercado na tipoloxía de envases para produtos agroalimentarios (formas, deseño, capacidades, materiais,…).
  • Sostenibilidade e pegada ambiental dos envases e posibles alternativas ou materiais de menor impacto medioambiental.


INCIDENCIA AMBIENTAL NA PEQUENA AGROINDUSTRIA

  • Afeccións ambientais
  • Requisitos en materia de incidencia ambiental para a implantación de industrias agroalimentarias.

O aforo é limitado, de maneira que cómpre inscribirse previamente.

Nas seguintes imaxes atoparedes o programa e o contacto para inscribirse.