O PROGRAMA

O PROGRAMA RURAL-EMPRENDE

O Programa Rural-Emprende está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.


COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO

Este Programa ten como ámbito territorial os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Paderne e Sada.

Vai dirixido a persoas desempregadas, preferentemente que estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, e que pertenzan aos seguintes colectivos:

      Persoas desempregadas de longa duración.
Mulleres.
Menores de 30 anos.
Persoas inmigrantes (non comunitarios).
Persoas con discapacidade.


QUE SE PRETENDE CON ESTE PROGRAMA

O Programa Rural-Emprende pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN DE HORTA ECOLÓXICA e de AGROINDUSTRIA e TRANSFORMADOS (viño, sidra, marmeladas, conservas vexetais, cosméticos naturais, xabóns artesáns), con clases teóricas e prácticas presenciais. Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos concellos que conforman o territorio de “Mariñas-Betanzos”.

Ademais tamén haberá outra especialidade deste Programa, que será INICIATIVA EMPRENDEDORA "Aprender a emprender", orientada a traballar na xeración de iniciativas de emprego sostibles, contando con formación e apoio para o desenvolvemento dos plans de empresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario